Desde8,80 €
Teatro Colón | A Coruña
07 Xuño 2025 17:30
Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…
A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.
Polo medio da
aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de
Bibopalula, como 'O Terremoto', 'As Estrelas' ou 'A Poza', con coreografías,
efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral
inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.
Todas e todos os asistentes ao espectáculo deberán adquirir unha entrada,
independentemente da súa idade e de se desexan ocupar ou non a súa localidade
(Decreto 226/2022, do 22 de decembro publicado no DOG nº13 do 19/01/2023).
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña