Menú
BULEBULE – Os Náufragos Teatro

BULEBULE – Os Náufragos Teatro

Desde6,80 €

Ágora | A Coruña

27 Setembro 2024 19:00

Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade). A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa fácil... e construír un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chama Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade). Bulebule é unha obra que explora, de maneira amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Con Bulebule, Os Náufragos teatro segue a estela da súa peza recente máis emblemática: HUGO, estreada en FETEN e que foi Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo familiar. HUGO fala sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista) e está a ter un notable percorrido, sendo en 2024 una das 15 propostas internacionais seleccionadas para participar no Festival internacional de artes escénicas para a infancia e a mocidade de ASSITEJ International, institución referente a nivel mundial no ámbito do teatro e as artes vivas para a infancia. Remando nesa mesma dirección, Bulebule busca navegar tamén polas augas da igualdade e a diversidade, dando visibilidade, neste caso, ao TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade) e destacando a importancia de comprender e valorar as diferenzas. Surcando os mares das aspiracións de Candela, a obra mostra a súa ilusión e o seu tesón por alcanzar os seus soños, a pesar das dificultades que, como grandes ondas, imponlle unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía.

Público: Todos los públicos (a partir de 4 anos).

Duración: 40 min.Elenco: Irene Lorenzo y Jimmy Núñez

Música: Daniel Valentín

Espacio escénico: Claudia L. Franco

Espacio iluminación: Daniel Pais

Ayudantía de dirección: Rebeca Vecino

Ayudantía de produción: Antonio Vázquez

Asesoría dramática: Verónica Rego

Dramaturgia y Dirección: Gustavo del RíoDistribuye: Urdime

 NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

• Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

• Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

• Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

• Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

• Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

• O teatro ten reservado o dereito de admisión

• Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

• Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

• Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

• Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

• A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Lugar da, Av. Gramela, 17, A Coruña

15010 A Coruña