Menú
Pequefilmes 2026 - Fanecas | Programa 3

Pequefilmes 2026 - Fanecas | Programa 3

Desde3,24 €

Sala Seminario, Andar 0, Museo Centro Gaiás | Santiago de Compostela

Desde o 28 Febreiro 2026

Ata o 01 Marzo 2026

50 minutos

Idade mínima: 7 anos

Pequefilmes 2026 - Fanecas | Programa 3

Na sala Fanecas de Pequefilmes proxéctanse curtametraxes dirixidas a nenos e nenas a partir dos 7 anos de idade. O público que acuda ás proxeccións en sala na Cidade da Cultura poderá votar polos seus filmes favoritos de cada sesión e o seu criterio será o que determinará un dos premios do festival.

As proxeccións poderán verse na Sala de Seminarios situada no Andar 0 do Museo Centro Gaiás, e cada sesión ten unha duración aproximada de 50 minutos.

SÁBADO 28 ás 13.45h | DOMINGO 1 ás 12:30h

  • PIE DAN LO. Kim Yip Tong. (Francia, Illa Reunión, Mauricio, 2024. 14 min.)
  • MORGENFUGL OG MURMELDYR: RYDDERACET. Annette Saugestad Helland, Johan Kaos (Noruega, 2024. 9 min.)
  • REVEN. Hugo Babey, Victor Barreau, Line Bossard, Chloé Hurard, Coralie Monnier, Mathilde Morin, Léna Ripoche, Tanguy Salaün. (Francia, 2024. 7 min.)
  • CREAM FAIRIES. Eun Im (Corea do Sur, 2024. 3 min.)
  • THE LAST GARDEN (LE DERNIER JARDIN). Eloise Jenninger (Reino Unido, 2024. 8 min.)
  • AMEN. Orphee Coutier, Bettina Demarty, Kimie Maingonnat, Laurène Perego, Avril Zundel, Louise Poulain (Francia, 2025. 7 min.)
  • DUET. Léo Brunel (Francia, 2025. 1 min)
  • CATCH THAT FISH! Florent Delay, Ilona Laouchez, Hector De Ghaisne De Bournmont, Julia Ragot, André Yu, Gabrielle Montané (Francia, 2025)

Info práctica

A partir dos 7 anos de idade

Entradas:

  • 3 € (+gastos de xestión) por sesión.
  • Convites e entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla.

 **ESTA PROGRAMACIÓN PODE ESTAR SUXEITA A CAMBIOS**

Descontos

Descontos do 20% sobre o prezo total para:

  • Persoas xubiladas
  • Persoas desempregadas
  • Persoas en situación de discapacidade
  • Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
  • Carné xove
  • Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela