Menú
Pequefilmes 2026 - SESIÓN CLERMONT-FERRAND | FANECAS

Pequefilmes 2026 - SESIÓN CLERMONT-FERRAND | FANECAS

Desde0,00 €

Sala Seminario, Andar 0, Museo Centro Gaiás | Santiago de Compostela

28 Febreiro 2026 11:15

50 minutos

Idade mínima: 7 anos

Pequefilmes 2026 - Sesión Clermont-Ferrand | Fanecas

Un ano máis, Pequefilmes colabora co Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand, a cita máis grande do mundo dedicada ao cinema miúdo, para traer a Galicia unha escolma dos filmes que foron seleccionados nas últimas edicións do festival francés. Haberá dúas sesións, de balde, na mañá do sábado 28 de febreiro, para as que é necesario retirar convite.

As proxeccións dedicadas a Fanecas poderán verse na Sala de Seminarios situada no Andar 0 do Museo Centro Gaiás. Cada sesión ten unha duración aproximada de 50 minutos.

SÁBADO 28 ás 11.15h

  • LOS CARPINCHOS. Alfredo Soderguit. (Francia, Chile, Uruguay 2024. 11 min.)
  • STORYTELLING. Nils Hedinger (Suiza, 2024. 8 min.)
  • SWINHERD. Peter Smith, Magnus Møller (Dinamarca, 2023. 6 min.)
  • ENTRE DEUX SOEURS. Clément Céard, Anne-Sophie Gousset (Francia, 2022. 8 min.)
  • TUNNEL DE LA NUIT. Annechien Strouven (Francia, Bélxica, Países Baixos 2024. 9 min.)

Info práctica

A partir dos 7 anos de idade

Entradas:

  • As sesións CLERMONT-FERRAND e PEQUEFILMES ESPECIAL 10 ANOS son gratuítas, previa retirada de convite.  
  • Convites e entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla.


 **ESTA PROGRAMACIÓN PODE ESTAR SUXEITA A CAMBIOS**

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela