Desde3,24 €
Museo Centro Gaiás, Espazo REGA 3 | Santiago de Compostela
25 Xaneiro 2025 18:00
Escoitas a tormenta ao fondo? e o chío dun paxaro? Alguén está preparando unha apócema mentres soa a frauta traveseira. De conxuros e música é un obradoiro musical no que a cativada participa activamente dun concerto a través dunha experiencia interactiva chea de meigallos e cancións.
Esta proposta lúdico-didáctica baséase no clásico Queda sitio na vasoira? de Julia Donaldson para crear unha narrativa chea de momentos máxicos e música ao vivo. Unha bruxa viaxa na súa vasoira ao carón do seu gato pero, nun momento dado, o lazo que suxeita as súas trenzas cae entre as silveiras. Aí comeza unha peripecia na que acabarán envoltas unha paxara, unha rá, un can e un dragón viaxando por terra, mar e, sobre todo, aire. Unha aventura fascinante na que ningún neno nin nena quedará calada ou sentada.
Aprendizaxe musical dende a infancia
Esta actividade, que desenvolve Arkhé Espazo Educativo, ciméntase na Teoría de Aprendizaxe Musical (MTL polas súas siglas en inglés), que está baseada no principio segundo o que a música pode aprenderse a través de procesos similares aos da fala. Así, favorécese o desenvolvemento das aptitudes musicais de cada crianza segundo as súas propias potencialidades, modalidades e, sobre todo, os seus propios tempos.
As experiencias musicais nos primeiros anos da infancia son cruciais para establecer as bases dunha sensibilidade musical de por vida. A variedade e riqueza de modos e métricas, cancións, patróns rítmicos e tonais nun entorno lúdico que abra a porta á creatividade e acompañados da súa figura de apego son os piares sobre os que as crianzas construirán o seu propio universo sonoro.
Información práctica
A entrada a cada sesión inclúe o acceso para un menor e a unha persona adulta acompañante
Duración de cada sesión: 50 minutos.
Data: sábado, 25 de xaneiro de 2025
Horario: 11:30 h, 16:30 h e 18:00 h.
Lugar: Espazo REGA 3, Museo Centro Gaiás.
Idades: de 3 a 9 anos.
Capacidade: 15 nenos e nenas + acompañante.
DESCONTOS:
Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:
Persoas xubiladas
Persoas desempregadas
Persoas en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
Alumnado e persoal laboral das universidades galegas
Carné xove
Integrantes do Club Gaiás
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela