Menú
Bibopalula · O espectáculo

Bibopalula · O espectáculo

Desde13,00 €

Auditorio de Verín | Verín

21 Xuño 2025 17:30

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como 'O Terremoto', 'As Estrelas' ou 'A Poza', con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.
Todas e todos os asistentes ao espectáculo deberán adquirir unha entrada, independentemente da súa idade e de se desexan ocupar ou non a súa localidade (Decreto 226/2022, do 22 de decembro publicado no DOG nº13 do 19/01/2023).


Como

chegar

Camiño a Balneario de Sousas 93, Verín

32600 Verín