Desde32,40 €
Cidade da cultura. Sala de atención a visitantes do Edificio Fontán | Santiago de Compostela
Desde o 22 Xuño 2026
Ata o 29 Xuño 2026
Idade mínima: 8 anos
A tribo do Re— | EcoCampamento urbano de arte e natureza no Gaiás
Cidade da cultura. Sala de atención a visitantes do Edificio Fontán | Santiago de Compostela
Do 22 e 26 de xuño [agás o 24 de xuño, festivo] e do 29 de xuño ao 3 de xullo
Idade mínima: 8 anos
Este verán no Gaiás súmate á tribo do Re—: onde a rapazada aprenderá a re-utilizar o que xa non serve, a re-imaxinar futuros novos, a re-conectar coa natureza... e levará para a casa os petos ateigados de experiencias divertidas. Un campamento urbano de verán no que van querer re-petir!
Coa guía de monitorado especializado en proxectos didácticos e actividades medioambientais, os nenos e nenas crearán a súa propia horta urbana, aprenderán sobre compostaxe de residuos orgánicos e descubrirán a variedade de especies animais e vexetais que medran na contorna de Compostela.
IMPORTANTE
É fundamental cubrir este formulario coa información complementaria requirida para o adecuado desenvolvemento da actividade.
Horario: luns a venres de 10:00 a 15:00 h. *Servizo madruga, baixo demanda, desde as 8.00 h.(incluído almorzo). Para facer uso deste servizo é necesario solicitalo cumprimentando este formulario.
Quendas
1ª quenda: do 22 ao 26 de xuño [agás o 24, festivo]
2ª quenda: do 29 de xuño ao 3 de xullo
Descontos
Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:
Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela