Menú
A TRIBO DO RE— | ECOCAMPAMENTO URBANO DE ARTE E NATUREZA NO GAIÁS. DE 4 A 7 ANOS

A TRIBO DO RE— | ECOCAMPAMENTO URBANO DE ARTE E NATUREZA NO GAIÁS. DE 4 A 7 ANOS

Desde32,40 €

Cidade da cultura. Sala de atención a visitantes do Edificio Fontán | Santiago de Compostela

Desde o 22 Xuño 2026

Ata o 29 Xuño 2026

Idade mínima: 4 anos

A tribo do Re— | EcoCampamento urbano de arte e natureza no Gaiás

Cidade da cultura. Sala de atención a visitantes do Edificio Fontán | Santiago de Compostela

Do 22 e 26 de xuño [agás o 24 de xuño, festivo] e do 29 de xuño ao 3 de xullo

Idade mínima: 4 anos

Este verán no Gaiás súmate á tribo do Re—: onde a rapazada aprenderá a re-utilizar o que xa non serve, a re-imaxinar futuros novos, a re-conectar coa natureza... e levará para a casa os petos ateigados de experiencias divertidas. Un campamento urbano de verán no que van querer re-petir!

Coa guía de monitorado especializado en proxectos didácticos e actividades medioambientais, os nenos e nenas crearán a súa propia horta urbana, aprenderán sobre compostaxe de residuos orgánicos e descubrirán a variedade de especies animais e vexetais que medran na contorna de Compostela.

IMPORTANTE

É fundamental cubrir este formulario coa información complementaria requirida para o adecuado desenvolvemento da actividade.

Horario: luns a venres de 10:00 a 15:00 h. *Servizo madruga, baixo demanda, desde as 8.00 h.(incluído almorzo). Para facer uso deste servizo é necesario solicitalo cumprimentando este formulario.

Quendas

1ª quenda: do 22 ao 26 de xuño [agás o 24, festivo]

2ª quenda: do 29 de xuño ao 3 de xullo

 

Descontos

Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:

  • Persoas xubiladas, desempregadas ou en situación de discapacidade
  • Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
  • Alumnado e persoal laboral das universidades galegas
  • Carné xove
  • Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela