Menú
CIRCO DE PINOCHO en Monforte de Lemos

CIRCO DE PINOCHO en Monforte de Lemos

Desde16,60 €

Carpa Educateatro Instalada en Rúa Sarria | Monforte de Lemos

Desde o 14 Marzo 2025

Ata o 16 Marzo 2025

Venres 14 de marzo ás 18.30h, estrea. 5€ de desconto!!

Circo de Pinocho é o novo espectáculo de Educateatro Producións. Unha montaxe creada unicamente para representarse en carpa que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo.

Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho. Geppeto será o pallaso, a Fada a trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero... faltan o resto de artistas! Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas... e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro.

Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.

Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.

Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

Información de interese:
· Duración: 2 horas con descanso de 15 minutos incluído.
· Idioma: Galego
· Non está permitida a entrada de carriños de bebé á sala. Disporase dun parking no vestíbulo do circo.
· As cadeiras de rodas poden acceder tanto ao palco central como ao lateral, seleccionando calquera butaca, que será substituída o día da función.
· As funcións poderán ser canceladas por condicións climatolóxicas moi adversas, seguindo as recomendacións de MeteoGalicia ou Aemet.

· Menores de 24 meses que non ocupen butaca non pagan

+ Info en www.circodepinocho.gal

Como

chegar

Rúa Sarria, Monforte de Lemos

27400 Monforte de Lemos