Menú
VIII GALICIA MAGIC FEST

VIII GALICIA MAGIC FEST

Desde19,60 €

Teatro Colón | A Coruña

Desde o 02 Xaneiro 2025

Ata o 03 Xaneiro 2025

Idade mínima: 6 anos

Illusions Works comprácese en presentar a oitava edición do Galicia Magic Fest, un evento cultural de gran relevancia en Galicia que reunirá a miles de familias durante o nadal de 2024-2025. O Galicia Magic Fest é un festival internacional de ilusionismo de 75 minutos que se celebra anualmente en diferentes cidades de Galicia polo Nadal. Este ano, a oitava edición do festival, desenvolverase do 21 de decembro de 2024 ao 4 de xaneiro de 2025 nos mellores teatros de oito cidades galegas: A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Vigo, Cangas e Ferrol. O festival contará coa participación dalgúns dos mellores meigos do mundo, ofrecendo espectáculos cheos de maxia, impacto e sorpresas para toda a familia. Nesta edición amplíase Galicia Magic Fest de 14 galas internacionais a 21 e de seis cidades a 8 converténdose nun dos festivais en xira máis importantes de España e o máis consolidado de Galicia. Ademais de apostar por traer á nosa comunidade a estrelas da maxia a nivel mundial destacando actos que triunfan en America Got Talent ou premios internacionais moi importantes como os FISM AWARDS

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña