Desde15,60 €
Teatro Colón | A Coruña
Desde o 20 Novembro 2026
Ata o 21 Novembro 2026
1 hora 30 min aprox
Un ano máis, chega a GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA GALICIA ILUSIONA, o evento máxico máis agardado do ano. Os mellores ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario para ofrecer un espectáculo sen igual.
6 ilusionistas chegados dende diferentes partes do mundo representando os seus famosos actos que os levaron a recibir premios e galardóns a nivel internacional. A edición 2026 contará con:
- Murphy (Madrid): Será un ano máis o gran mestre de cerimonias. O showman perfecto para conducir e dar paso aos mellores números de maxia do mundo.
- An Ha Lim (Corea do Sur): Considerado o rei dos naipes. Foi un auténtico pioneiro na manipulación de cartas, unha faceta de máxima complexidade. Máis de 1500 naipes aparecen na punta dos seus dedos dun xeito totalmente alucinante.
- Diego & Elena (Madrid): Unha parella que revolucionou a maxia ao mesturar acrobacias aéreas con quick change (cambio ultrarrápido de vestiario). Un número inédito onde a maxia acontece nas alturas.
- Tony Frebourg (Francia): Por vez primeira en Galicia, chega un artista que ostenta 9 récords Guinness a nivel mundial e numerosos premios internacionais. Un número máxico onde a técnica máis depurada con diábolos é a protagonista.
- Didak (Barcelona): Carisma, ritmo, mocidade, alto impacto… A mestura perfecta! Este ilusionista catalán será o encargado de poñer en escea a maxia das grandes ilusións. Aparicións, desaparicións ou transformacións imposibles, maxia de gran formato!
- Bonjin Koo (China): O auténtico mestre dunha disciplina moi difícil de ver hoxe en día e que require dunha preparación de moitos anos: O cambio de máscaras chinesas. Un arte milenario propio da ópera china onde numerosas de máscaras pasan de xeito imposible pola cara deste gran artista.
Vive unha experiencia PREMIUM coa túa entrada VIP:
Acceso exclusivo a butaca en localización premium. Acreditación VIP.
Merchandising oficial do festival gratis.
Meet & greet cos artistas da gala para coñecer persoalmente aos ilusionistas.
Entrada con desconto.
Duración aproximada do evento: 1 h 30 min.
Para todos os públicos.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de que ocupe ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga.
• Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non está permitido facer fotografías nin gravacións antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña