Desde18,80 €
Teatro Jofre | Ferrol
Desde o 05 Decembro 2026
Ata o 06 Decembro 2026
1 hora 30 min aprox
Un ano máis, chega a “GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA GALICIA ILUSIONA”, o evento máxico máis agardado do ano. Os mellores ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario para ofrecer un espectáculo sen igual.
6 ilusionistas chegados dende diferentes partes do mundo representando os seus famosos actos que os levaron a recibir premios e galardóns a nivel internacional. A edición 2026 contará con:
Murphy: Será un ano máis o gran mestre de cerimonias. O showman perfecto para conducir e dar paso aos mellores números de maxia do mundo.
An Ha Lim: Considerado o rei dos naipes. Foi un auténtico pioneiro na manipulación de cartas, unha faceta de máxima complexidade. Máis de 1.500 naipes aparecen na punta dos seus dedos dun xeito totalmente alucinante.
Diego & Elena: Unha parella que revolucionou a maxia ao mesturar acrobacias aéreas con quick change (cambio ultrarrápido de vestiario). Un número inédito onde a maxia acontece nas alturas.
Tony Frebourg: Por vez primeira en Galicia, chega un artista que ostenta 9 récords Guinness a nivel mundial e numerosos premios internacionais. Un número máxico onde a técnica máis depurada con diábolos é a protagonista.
Didak: Carisma, ritmo, mocidade e alto impacto… A mestura perfecta! Este ilusionista catalán será o encargado de poñer en escena a maxia das grandes ilusións. Aparicións, desaparicións ou transformacións imposibles, maxia de gran formato!
Bonjin Koo: O auténtico mestre dunha disciplina moi difícil de ver hoxe en día e que require dunha preparación de moitos anos: o cambio de máscaras chinesas. Unha arte milenaria propia da ópera chinesa onde numerosas máscaras cambian de xeito imposible diante dos ollos do público.
Vive unha experiencia PREMIUM coa túa entrada VIP:
Acceso exclusivo a butaca en localización premium. Acreditación VIP.
Merchandising oficial do festival gratis.
Meet & greet cos artistas da gala para coñecer persoalmente aos ilusionistas.
Entrada con desconto.
Duración aproximada do evento: 1 h 30 min.
Para todos os públicos.
Todas as persoas deben mercar unha entrada, incluídos os nenos menores de 12 meses.
A entrada ao recinto está prohibida unha vez que comezou a función.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol