Desde3,24 €
Museo Centro Gaiás, camerino 1 | Santiago de Compostela
Desde o 27 Febreiro 2026
Ata o 01 Marzo 2026
45
Idade mínima: 5 anos
Pequefilmes 2026 – OBRADOIRO DE CINEMA DE SOMBRAS
Obradoiro para maiores de 5 anos.
Cada entrada inclúe o acceso para un menor e a unha persona adulta acompañante.
Que tal se nos convertemos en cineastas por un día? Cine e teatro de sombras chinesas únense nestes obradoiros que se enmarcan na programación do festival de curtas infantís Pequefilmes. Así, ademais de gozar das mellores producións chegadas de diversos países, o público miúdo tamén poderá experimentar creando a súa propia peza. Na actividade adaptaremos un conto breve a partir dun texto guionizado previamente. Desta maneira a cativada traballará en grupo en varios aspectos:
- Deseño e construción de personaxes e escenarios
- Preparación das caixas de luz para crear o entorno
- Ensaio de animación e dobraxe
- Gravación dos planos
Rematado o obradoiro farase a montaxe de imaxe e son e as pezas resultantes publicaranse nas canles da Cidade da Cultura.
INFO PRÁCTICA
· Obradoiro para maiores de 5 anos.
· Cada entrada inclúe o acceso para un menor e a unha persona adulta acompañante.
· Duración aproximada do obradoiro: 45 minutos.
· Á venda no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla
DESCONTOS:
Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:
· Persoas xubiladas
· Persoas desempregadas
· Persoas en situación de discapacidade
· Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
· Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
· Alumnado e persoal laboral das universidades galegas
· Carné xove
· Integrantes do Club Gaiás
Monte Gaiás, Edificio Cinc, 3º planta , Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela