Menú
Pequefilmes 2026 – OBRADOIRO XIRAR PARA ANIMAR: CREACIÓN DUN ZOOTROPO

Pequefilmes 2026 – OBRADOIRO XIRAR PARA ANIMAR: CREACIÓN DUN ZOOTROPO

Desde3,24 €

Museo Centro Gaiás, camerino 2 | Santiago de Compostela

Desde o 27 Febreiro 2026

Ata o 01 Marzo 2026

45 minutos

Idade mínima: 5 anos

Pequefilmes 2026 – OBRADOIRO XIRAR PARA ANIMAR: CREACIÓN DUN ZOOTROPO

Obradoiro para maiores de 5 anos.

Cada entrada inclúe o acceso para un menor e a unha persona adulta acompañante.

Sabías que antes do cine xa existían debuxos que se movían? Neste obradoiro, impartido por Belén Veleiro,  a cativada descubrirá un dos primeiros dispositivos do cinema de animación: o zootropo. A partir dunha secuencia de 12 fotogramas, deseñaremos unha pequena animación que cobrará vida ao xirar o dispositivo.

Os nenos e nenas traballarán o debuxo secuencial, o ritmo e a continuidade, entendendo como a animación existía antes do cine tal e como o coñecemos hoxe. E ao rematar poderán levalo para a casa! Unha experiencia creativa para debuxar, experimentar e ver como as  ilustracións comezan a moverse.

INFO PRÁCTICA

·       Obradoiro para maiores de 5 anos.

·       Cada entrada inclúe o acceso para un menor e a unha persona adulta acompañante.

·       Duración aproximada do obradoiro: 45 minutos.

·       Á venda no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla

DESCONTOS:

Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:

·       Persoas xubiladas

·       Persoas desempregadas

·       Persoas en situación de discapacidade

·       Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

·       Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes

·       Alumnado e persoal laboral das universidades galegas

·       Carné xove

·       Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás, Edificio Cinc, 3º planta , Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela