Desde43,20 €
Teatro Colón | A Coruña
29 Setembro 2024 19:00
Ópera representada
O Teatro Colón acollerá a produción do Teatro Trapanni que dá unha visión da obra desde o punto de vista de Botero, no primeiro aniversario do falecemento do artista plástico.
Para dar vida a Adina estará a soprano Ruth Iniesta, que chega á Coruña tras os éxitos cultivados nos últimos anos, sendo a última gañadora do premio Talia na categoría de Mellor Intérprete Feminina en Lírica. O rol de Nemorino será realizado por Ramón Vargas, que regresa á cidade herculina despois da súa única visita realizada en 2015 canto protagonizou un recital que foi aplaudido por crítica e público.
O elenco da obra de Donizette completaranse con Damián do Castillo, Luis Cansino e Susana Garcia. No foso a Orquestra Sinfónica de Galicia será dirixida por Guillermo García Calvo, mentres que a escena discorrerá segundo Victor García Sierra.
Reparto:
Adina — Ruth Iniesta
Nemorino — Ramón Vargas
Belcore — Damián del Castillo
Dulcamara — Luis Cansino
Giannetta — Susana García
Director Musical: Gullermo García Calvo
Director de Escena: Víctor García Sierra
Orquesta Sinfónica de Galicia
Coro Gaos - Coro Sinfónico
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña