Desde5,50 €
CAFÉ COLÓN | Carballo
26 Setembro 2025 21:00
Un dente de león a voar, un neno que corre a tocar un arco da vella, un amor fugaz nun tren, un pensamento que se transforma en chamada... Iso é Feitizo. E tamén é este espectáculo do mago Álex, que mestura maxia de salón e de preto, humor, poesía, participación, interacción co público e retranca galega nun cóctel que che vai deixar coa boca aberta e o corazón quentiño. Un poema coa maxia en verso e a trampa asonante.
Non é só maxia. É unha invitación a mirar o mundo co mesmo abraio que cando eramos cativos. É humor que agroma suave, xestos pequenos que fan cousas grandes e un artista que, cun sorriso de lado, xoga a ser ilusionista, poeta e pícaro todo ao mesmo tempo.
Álex Louzao é un ilusionista profesional e artista carballés atrapado pola maxia desde neno que durante a súa carreira artística obtivo o Premio Internacional de Maxia de Portugal e percorreu os escenarios de toda a península na súa busca pola fascinación.
TODOS OS PÚBLICOS
Rúa Colón, 7, A Coruña
15102 Carballo