Desde6,00 €
Teatro Afundación Vigo | Vigo
29 Decembro 2024 20:30
Na celebración do 40 aniversario, a Orquesta Clásica de Vigo reservalle un lugar privilexiado ao Concerto Extraordinario de Nadal. Un concerto que se celebra cada ano, e que se converteu nunha verdadeira institución, pois congrega a audiencias e instrumentistas para celebrar o noso amor pola música en directo e no compromiso pola cultura na cidade de Vigo.
Nesta ocasión, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un programa de luxo conformado por dous enormes compositores que representan o final do romanticismo ruso: estes son Piotr Ilich Chaikovski e Sergei Rachmaninov. Dous artistas que se concatenaron no tempo e que son exemplos do patetismo levado ao extremo. Unha proposta na que viaxaremos a Moscova na última década do S. XIX para atender como a morte de Chaikovski influiría nun xove Rachmanivov, atopando neste compositor unha continuidade que sería levada aos EUA tras a revolución rusa.
O pianista vigués Sergio Gómez será o artista convidado para este concerto de nadal, un fantástico exemplo de talento emerxente da nosa cidade co que despediremos o ano.
Programa:
Concerto para piano n.º 2 en do menor Op. 18, de S. Rachmaninov
I. Moderato
II. Adagio sostenuto
III. Allegro scherzando
Suite do Lago dos cisnes, Op. 20, de P. I. Chaikovski
Scène
Valse
Danse des cygnes'
Scène
Czardas: Danse hongroise
Danse espagnole
Danse napolitaine
Mazurka
Solista: Sergio Gómez, piano
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
C/ Policarpo Sanz 13, Vigo
36202 Vigo