Menú
«Da madeira ao pano» | Obradoiro de estampaxe inspirado na obra de Asorey

«Da madeira ao pano» | Obradoiro de estampaxe inspirado na obra de Asorey

Desde5,40 €

Museo Centro Gaiás, Espazo REGA 3 | Santiago de Compostela

07 Febreiro 2026 18:00

«Da madeira ao pano» | Obradoiro de estampaxe inspirado na obra de Asorey

Os panos e mantóns do traxe galego eran unha das obsesións do escultor Francisco Asorey. O artista foi atesourando ao longo da súa vida unha boa colección, que moitas veces mercaba directamente á súa propietaria, para empregalos como referencias á hora de vestir en madeira as súas esculturas.

No obradoiro Da madeira ao pano, percorreremos o camiño inverso ao artista para estampar na tea motivos florais, formas vexetais e elementos orgánicos que reinterpretan de maneira accesible e contemporánea a estética do pano tradicional presente na obra de Asorey.

A actividade ofrece unha experiencia creativa en familia que combina artesanía, memoria e tradición e, ademais, as persoas participantes poderán levar para casa o seu propio pano estampado. Empregarase a técnica do esterxido, método que consiste en debuxar a figura a reproducir nun papel groso ou similar e delimitar o seu contorno con buracos polos que se aplica a pintura.

O obradoiro desenvolverase o sábado 7 de febreiro en dúas quendas de tarde: de 16 a 18 h e de 18 a 20 horas. Poderán participar públicos de todas as idades, aínda que as nenas e nenos menores de 10 anos deberán realizar a actividade acompañados dunha persoa adulta responsable.

Información práctica

— Quendas: de 16 a 18 horas e de 18 a 20 horas.

— Para todos os públicos. As nenas e nenos menores de 10 anos deberán participar acompañados dunha persoa adulta responsable.

— Entradas desde 5 € (descontos aplicables). As prazas son individuais, polo que é necesario mercar entrada por cada neno/a e tamén para as persoas adultas que asistan como acompañantes.

— Descontos do 20% sobre o prezo total para:

·       Persoas xubiladas

·       Persoas desempregadas

·       Persoas en situación de discapacidade

·       Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

·       Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes

·       Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

·       Carné xove

.       Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela