Desde9,72 €
Sala 1, andar -1, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura |
09 Maio 2026 21:00
LA CURA
Julio César Iglesias Ungo, Compañía Colombiana de Danza Contemporánea, Incolballet
Sábado 9 de maio ás 21.00 H
Museo Centro Gaiás, sala 1. Cidade da Cultura
Estrea en España
La Cura é unha peza de danza que se constrúe desde a comprensión de que todo proceso de cambio, transformación e renacemento implica unha forza que pode parecer violenta, pero que é esencialmente natural. Así como os volcáns modelan a terra ou o nacemento ocorre entre dor e sangue, a vida maniféstase nun constante equilibrio entre caos e orde.
A peza revela que o sandar e volver conectar coa nosa esencia non son camiños suaves nin lineais, senón experiencias de ruptura e sacudida interna que nos obrigan a confrontar o máis cru do noso ser. Non se idealiza a transformación; exponse na súa totalidade: a loita, o racho, a resistencia, e tamén a beleza que emerxe da entrega. É unha viaxe onde o corpo convértese en territorio de tensión entre ferida e curación, convidando o espectador non só a observar, senón a sentir en si mesmo ese tránsito profundo e visceral.
Ficha técnico-artística
Dirección e coreografía: Julio César Iglesias Ungo
Música: J-Lawton
Vestiario: Ángelo Restrepo Grajales
Deseño de luces: Mauricio Ordóñez
Número de bailaríns: 11
Elenco: Compañía Colombiana de Danza Contemporánea
Descontos
Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:
Persoas xubiladas
Persoas desempregadas
Persoas en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
Carné xove
Integrantes do Club Gaiás
Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707