Desde9,72 €
Sala 1, andar -1, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura |
08 Maio 2026 21:30
EL VACÍO
Julio César Iglesias Ungo, Compañía Colombiana de Danza Contemporánea, Incolballet
Venres 8 de maio ás 21.30 H
Museo Centro Gaiás, sala 1. Cidade da Cultura
Estrea en España
A decadencia espiritual preséntase en EL VACÍO como un espello da sociedade contemporánea onde a fragmentación interna dos individuos reflicte a desconexión colectiva e a loita por atopar un sentido nun mundo que parece desintegrarse.
Unha obra de danza cunha potencia visual e física espectacular, na que os intérpretes encarnan a perda do propósito e a desconexión co eu, mostrando como as presións externas e a procura superficial de salvación conducen a unha crise espiritual compartida.
Ficha técnico-artística
Coreógrafo: Julio César Iglesias Ungo
Mestre ensaios: Arlai González Padín
Música: Julio César Iglesias Ungo
Deseño de iluminación: Mauricio Ordóñez
Vestiario: Taller de Vestuario INCOLBALLET
Número de bailaríns: 13
Elenco: Compañía Colombiana de Danza Contemporánea
Descontos
Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:
Persoas xubiladas
Persoas desempregadas
Persoas en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
Carné xove
Integrantes do Club Gaiás
Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707