Desde9,72 €
Sala 1, andar -1, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura |
07 Maio 2026 18:00
52-BLAU
iXA (Xián Martínez e Elena Castellanos)
Xoves 7 de maio ás 18.00 H
Museo Centro Gaiás, sala 1. Cidade da Cultura
Estrea absoluta
52-BLAU é unha obra que xira ao redor da soidade acompañada, que muda e se transforma segundo a arquitectura do espazo. Cinco intérpretes nun intento de sobrevivir a un naufraxio na inmensidade dun espazo infinito, onde o individuo afoga no baleiro dun océano cheo de estímulos, persoas e información.
Case una oda á adaptación no medio do trebón, onde un corpo bate coa soidade e trata de saír a flote.
52-BLAU habita a tristura nun contexto onde os corpos son incapaces de comunicarse. Unha mirada baixo a auga que só consegue observar o azul intenso do ceo, o mar e o infinito.
Ficha técnico-artística
Idea orixinal: Xián Martínez
Dirección artística: Elena Castellanos, Xián Martínez
Coreografía e interpretación: Elena Castellanos, Xián Martínez, Miguel Arévalo, Julia Miralles, Raúl Melcón. Suplente: Mª José Casado
Mirada externa: Alba Collado, Marta Alonso, Mª José Casado
Espazo sonoro: Alejandro da Rocha
Deseño de iluminación: Fermín Izko
Vestiario: Nico Barcala, Noelia Picadizo, Cella de Rois
Produción: Paula Urquijo, Xián Martínez
Co-produción: iXa, Centro Coreográfico Galego, Dansa Metropolitana, Festival Mudanzas (Ayuntamiento de Cartagena), L’Obrador Espai de Creació, Residencias Atopémonos Bailando, LEstruch Fabrica de creació, Belarts.
Descontos
Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:
Persoas xubiladas
Persoas desempregadas
Persoas en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
Carné xove
Integrantes do Club Gaiás
Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707