Menú
 35 FIOT CARBALLO -  EN RUTA - L’Om Imprebís, Micomicón Teatro, Teatro Corsario e Teatro del Temple – Vidas enterradas

35 FIOT CARBALLO - EN RUTA - L’Om Imprebís, Micomicón Teatro, Teatro Corsario e Teatro del Temple – Vidas enterradas

Desde5,50 €

Bértoa, contorna cemiterio | Carballo

11 Outubro 2026 12:00

80 minutos

Idade mínima: 12 anos

Fotografías, cartas, cadernos ou recordos compartidos poden devolverlle o nome a quen a historia quixo borrar. Este conmovedor espectáculo rescata a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o Franquismo. Os recordos seguen vivos nos seus fillos, veciños ou compañeiros, e son eles quen rompen o silencio para rescatar esas historias silenciadas.

A partir dunha premiada serie radiofónica, seis importantes dramaturgos e catro compañías de referencia na escena española que xa pasaron polo FIOT, únense para levar á escena este impactante exercicio de teatro documental construído cun caleidoscopio de relatos e monólogos, que compón un profundo mapa emocional sobre un silencio que comeza a romper.

“A terra agocha esas palabras caladas, parece que estea muda. Pero se a abres, podes oír.”


Como

chegar

Lugar Fondal, 14, Bértoa, Carballo

15100 Carballo