Menú
 35 FIOT CARBALLO - OTNI - Olalla Hernándaz – Solo quería bailar

35 FIOT CARBALLO - OTNI - Olalla Hernándaz – Solo quería bailar

Desde5,50 €

Pazo da Cultura de Carballo | A Coruña

25 Outubro 2026 20:00

75 minutos

Idade mínima: 16 anos

Pili só quería bailar. Pero hai vidas ás que o sistema parece empeñado en pecharlles todas as portas. A partir da premiada novela de Greta García, convértese nunha traxicomedia sevillana punk. Un monólogo de enorme forza no que humor, palabra e danza se mesturan para dar voz a unha muller que, desde a súa cela, reconstrúe o camiño que a levou ata alí.

Con retranca, rabia e unha fonda humanidade, Solo quería bailar transforma a historia dunha bailarina nun acto kamikaze de amor; nun retrato da precariedade, da burocracia, das estruturas que exclúen e da necesidade de sentirse querida. Unha proposta intensa e irreverente que reivindica o dereito a ocupar un lugar no mundo, mesmo cando todo parece impedilo. 

Alberto Velasco, un dos referentes da escena contemporánea,  dirixe esta proposta vibrante interpretada pola poderosa Olalla Hernández, na que a arte e sono frustado pero tamén motor de resistencia.

Como acaba unha bailarina cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista?

ESTREA EN GALICIA


Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 A Coruña