Desde5,50 €
Pazo da Cultura de Carballo | A Coruña
16 Outubro 2026 21:00
45 minutos
Idade mínima: 12 anos
No silencio opresivo dun soto cheo de pantallas e cámaras ocultas, un home de corenta e tantos anos, cámara fracasado e malabarista líquido, vixila o mundo a través das súas lentes dixitais e analóxicas. Ante o avance imparable das máquinas e o poder dos algoritmos, propón unha reinvención e unha nova mirada.
Mentres as máquinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos? Esa é a pregunta desta proposta multidisciplinar na que circo contemporáneo, teatro, teatro de obxectos, microcine e poesía visual conflúen nun universo tan delicado como inquedante.
A compañía PSiRC ten unha sólida e premiada traxectoria no circo contemporáneo e conta con amplas xiras por Europa e América. Explora unha linguaxe escénica propia baseada no humor delicado, o movemento e a experimentación visual para construír unha experiencia íntima e evocadora.
A súa voz é un murmurio entre algoritmos, un discurso de boomer perdido na era dos memes.
ESTREA EN GALICIA
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 A Coruña