Menú
ESCÁNDALO EN PALACIO

ESCÁNDALO EN PALACIO

Desde21,60 €

Teatro Colón | A Coruña

Desde o 10 Xaneiro 2025

Ata o 11 Xaneiro 2025

¿Gústache a comedia elegante? ¿O humor intelixente? ¿A erótica do poder? Escándalo en Palacio é a mellor alta comedia que podes ver sobre un escenario. Dúas actuacións impresionantes de Xoán C. Mejuto e Iria Ares, as mellores críticas recibidas desde a súa estrea no Teatro Lara de Madrid e máis de 5.000 espectadores na xira de lanzamento de 2024.

Se queres risas E ALGO MÁIS, Escándalo en Palacio é A túa ALTA COMEDIA. Votes a quen votes, mesmo se non votas, Escándalo en Palacio vai impactarche.

O texto é unha idea orixinal de Pedro Ruiz, adaptada aos novos tempos por Estudo Momento. Unha sátira política brillante e incisiva con Intelixencia Artificial, Feak News, Redes Sociais, xornalistas-estrela, televisó, política... E moitas sorpresas máis!

Esta é a obra da que todo o mundo fala. 100x100 orixinal. 100x100 elegante. 100x100 hilarante.

Xoán C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en apertos que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. A súa maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D´Angio, unha Primeira Dama que poñerá patas para arriba a todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade.

O escándalo salta definitivamente cando a televisión emite en Prime time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller!

Bernard sabe que ten que DIMITIR, aínda que a palabra atragoareselle na garganta, Paola, en cambio, ve unha oportunidade única para mellorar a popularidade da parella presidencial. E o pobo? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber en que termina toda esta lea e cales son as artimañas do PODER e os seus mecanismos… Ven a ver Escándalo en palacio! O que verás aquí, non cho van a contar en ningún outro sitio…

QUE EMPECE O SHOW!

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:


Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña