Desde21,60 €
Teatro Colón | A Coruña
Desde o 08 Outubro 2026
Ata o 10 Outubro 2026
MARGA e JAIME van separarse despois de 15 anos de matrimonio. Entre bágoas e reproches consólanse sabendo que, ao non ter fillos nin mascotas e nin sequera un coche en común, poderán marchar sen máis, dando un portazo cun clásico: “Eu xa non quero nada teu”.
Pero hai un pequeno detalle no que non caíran. Ese portazo hai que dalo cunha porta. E esa porta pertence a unha casa. ¡¡¡E esa casa… é a casa dos dous!!!
Marga e Jaime están dispostos a refacer as súas vidas por separado, pero ambos consideran que A CASA lles pertence. Ningún dos dous quere marchar do piso que foi o seu fogar. E este desacordo non ten pinta de resolverse cunha separación amigable.
Comezan a sacar os trapos sucios e a botarse en cara mutuamente o fracaso da súa relación. Ambos chegan a unha conclusión: debería marchar da casa quen teña máis culpa de que se estean divorciando. E agora comezará a verdadeira guerra.
Ambos van tirar da manta e sacar toda a merda que tiñan gardada debaixo da alfombra. Aquí xa non hai pudor, nin importa o que dirán… Unha parella aberta en canal. Con todas as vergonzas ao descuberto. Un matrimonio á vista desde unha enorme ventá indiscreta.
Os espectadores do teatro van poder asistir en directo a todas esas miserias que as parellas adoitan mostrar só de portas para dentro. Ningún dos dous vai permitir que o outro garde nada. Aquí xa non hai segredos, nin medias verdades, nin pensamentos inconfesables, nin vergonza allea nin propia… ¡Que o vexan todo!
Porque agora Marga e Jaime son Un Matrimonio sen Filtros.
Un Matrimonio sen Filtros que os espectadores van poder contemplar a través dun cristal (ou dun espello)…
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de se ocupa ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña