Desde20,60 €
Teatro Colón | A Coruña
Desde o 16 Outubro 2026
Ata o 17 Outubro 2026
Dos creadores de Escándalo en Palacio —máis de 10.000 espectadores— e de 1888. Señorita Julia —TOP10 da Cartelera Madrileña— chega a nova alta comedia de Estudo Momento.
Clara Beltrán (Iria Ares) e Tomás Chamorro (Xoán C. Mejuto) deciden fundar o seu propio medio dixital independente. Teñen talento. Teñen ambición. Pero só son dous. Para parecer unha redacción sólida, inventan unha ducia de identidades. Baixo eses nomes ficticios comezan a publicar noticias que eles mesmos asinan. O experimento funciona. Os lectores medran. Os clics dispáranse. Ata que un bulo creado para xerar tráfico acaba revelando un escándalo político real de enormes dimensións. Da noite para a mañá, o seu pequeno proxecto convértese no medio máis consultado do país… e no obxectivo de todos os poderes. Atrapados, deberán decidir que é máis importante: a verdade… ou o éxito.
Unha comedia áxil, sofisticada e ferozmente actual sobre o teatro cotián do xornalismo e o prezo da credibilidade. Se a verdade é un espectáculo, esta obra é o seu backstage.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña