Desde11,00 €
MERCADO MUNICIPAL | Carballo
04 Outubro 2025 23:00
Idade mínima: 18 anos
Dúas mulleres de “40 e tantos” xúntanse para contar as súas propias historias, esas que pasan por relacións, amizades e momentos que marcan unha vida. Pero non se quedan só aí: poñen ao descuberto as semellanzas entre o comportamento humano e o mundo animal, cunha mestura divertida e irreverente.
Bárbara Rodríguez, do Teatro del Cuervo, e Noemí Miranda, de Trivilorio Impro, veñen de mundos distintos — teatro de texto, improvisación e cabaré — pero comparten moitas experiencias vitais e moito humor neste espectáculo no que a improvisación, a música e a complicidade co público o transforman nunha festa.
Un espectáculo cabareteiro, cómico, primitivo e moi instintivo.
PÚBLICO ADULTO
Rúa Cervantes, Carballo
15120 Carballo