Desde5,50 €
CENTRO SOCIAL DE CANCES | Carballo
11 Outubro 2026 18:00
60 minutos
Lubbert Dash é o primeiro bosquexo dun ser humano na Terra. Vén coñecelo. A el encántalle explorar mundos imaxinarios no seu xardín.
Inspirada na enigmática pintura O xardín das delicias de El Bosco, Lubbert Dash é un personaxe tan inocente como disparatado que convida ao público a mergullarse nun universo de situacións absurdas, imaxes surrealistas e criaturas grotescas.
Clown, mimo, teatro físico e humor bufonesco mestúranse nun espectáculo visual delirante que, entre gargalladas, nos fai mirar ao medio ambiente que maltratamos ou ás paixóns, enfrontándonos ás nosas contradicións como humanos.
Inda Pereda é un creador cunha linguaxe propia e contemporánea, especializado en teatro físico e comedia xestual. Este é o seu segundo espectáculo, estreado no London Clown Festival en 2018, e vén avalado por unha longa xira por Europa e América.
Antes de que Adán e Eva pisasen o Xardín do Edén, Deus tiña un plan...
Cances da Vila, s/n, Cances
15106 Carballo