Desde8,50 €
Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra
07 Novembro 2024 21:00
70 minutos
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, a un mozo chinés dóelle moito unha moa na cociña do restaurante de comida rápida O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
O mozo chinés morre desangrado na cociña do restaurante. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva á súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño...
Texto orixinal: Roland Schimmelpfenning
Tradución: Catuxa López Pato.
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña Bóveda.
Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fernando González e Fran Lareu.
Duración: 70 min
Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra
36002 Pontevedra