Menú
PONTEATRO 2025 - NEVENKA

PONTEATRO 2025 - NEVENKA

Desde8,50 €

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

30 Outubro 2025 21:00

80 minutos

Histrión Teatro

En 2001, e por primeira vez na historia de España, unha muller gañou un xuízo por acoso sexual a un político. Nevenka Fernández sentou a un alcalde no banco dos acusados, converténdose no primeiro caso do #MeToo nun país que lle deu a razón nos tribunais, pero que a estigmatizou publicamente. Hoxe este caso devólvenos a imaxe do que fomos para sinalar os avances, pero tamén as feridas. Hoxe Nevenka segue sendo ese espello no que se miran as mulleres que a precederon e que a seguiron; un reflexo dunha sociedade que cambiou ou, quizais, non tanto.

Dirección e autoría: María Goiricelaya

Elenco: Gema Matarranz, Ales Furundarena e Ana Ibáñez.

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra