Menú
PONTEATRO 2025 - GO HOME

PONTEATRO 2025 - GO HOME

Desde8,50 €

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

06 Novembro 2025 21:00

90 minutos

Etiqueta Negra Producións

Go home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

Trátase dunha comedia comprometida coa realidade que trata unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación.


Dirección: Tito Asorey

Autoría: José Prieto

Elenco: David Amor e Josito Porto 

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra