Menú
PONTEATRO 2025 - UN DEUS SALVAXE

PONTEATRO 2025 - UN DEUS SALVAXE

Desde8,50 €

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

13 Novembro 2025 21:00

70 minutos

Talía Teatro

Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados coma eles non poidan resolver.

Con este sinxelo argumento a autora desta peza, Yasmina Reza, compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

Autoría: Yasmina Reza

Dirección: Artur Trillo

Elenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais 

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra