Desde9,72 €
Cidade da Cultura. Galería de servizos (Acceso polo xardín literario) |
09 Maio 2026 18:00
45 minutos
LA CALIDESA
Société Mouffete
Sábado 9 de maio. Pases de 11.00 a 14.00 H e 16.00 a 19.00 H
Galería de servizos. Cidade da Cultura
45 minutos cada pase
LA CALIDESA preséntanos seis historias sobre soidade e amizade. Seis situacións de silencio e paisaxes desertos, personaxes perdidas en lugares de vida non desexados aos que a presenza e o acompañamento doutra persoa verten algo de luz baixo a que poder continuar.
Estas seis cápsulas abrirannos a realidades cotiás, nunha sociedade na que o cotián engloba xa o mundo enteiro: a emigración, o envellecemento da poboación mundial, a mobilidade internacional, o modelo da sociedade de consumo, a mercantilización do ser, etc.
LA CALIDESA é unha chamada aos coidados, unha alerta lanzada ás nosas vidas para que volvamos conquistar os espazos compartidos e lancemos luz sobre posibles soidades propias ou alleas, para que valoremos e reforcemos a amizade, a compañía do outro, ás nosas compañeiras de vida.
Ficha técnico-artística
Autoría: Marta Barceló
Dirección e vídeo-escena: Tolo Ferrà
Escenografía e plástica escénica: Amaya Cortaire
Deseño de iluminación: Juanjo Llorens
Música, deseño de son e programación: Iñaki Rubio
Grafismo: Yolanda Lee
Construción atrezzo e escenografía: Amaya Cortaire, Elena C. Galindo
Fotografías: Ilde Sandrín
Voz LA CALIDESA: Vera González / Álex Palomo
Dirección de produción: Vera González, Tolo Ferrà
Unha produción de COMA14, Société Mouffette e Festival Grec
Descontos
Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:
· Persoas xubiladas
· Persoas desempregadas
· Persoas en situación de discapacidade
· Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
· Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
· Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
· Carné xove
· Integrantes do Club Gaiás
Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela
15707