Menú
Nada se Sabe

Nada se Sabe

Desde6,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 16 Xaneiro 2025

Ata o 09 Febreiro 2025

70 min

Idade mínima: 14 anos

Nin isto sequera sei, que nada sei; conxectúroo, porén, de min e dos demais. Sexa esta proposición a miña bandeira; esta débese seguir: Nada se sabe. Con esas palabras dubitativas comeza a obra do século XVI Quod nihil scitur (Que nada se sabe) de Francisco Sánchez “O Escéptico". Un antecedente da dúbida metódica cartesiana, de cuestionar sistematicamente o mundo como medio de aproximarse á realidade sen prexuízos. Nunha sociedade como a nosa, de certezas impostas, dubidar é revolucionario.

Partindo deste punto, dúas actrices e dous actores repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, diferente, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír. Desde o seu propio punto de vista, o elenco resignifica eses textos desde esa diversidade, advertindo ao público e á sociedade de que Nada se Sabe sobre o que as persoas con discapacidade son, pensan, senten, queren, e da posición que desexan ocupar na vida, na sociedade e na arte.

Elenco: Corina Alfonso Mañá, Rubén Bargiela Sierpes, Alba Chao García, Elvis García Torres

Dirección: Ignacio García, Fran Rei

Adaptación a Lingua de Signos e participación actoral: Chusa Pérez de Vallejo

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela