Menú
A BURRA, A MESA E O PAU

A BURRA, A MESA E O PAU

Desde6,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 13 Marzo 2025

Ata o 20 Abril 2025

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Lorena Conde

ASISTENCIA DE DIRECCIÓN: Inés Salvado Gontad

ELENCO: Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar

DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO, DESEÑO DE ILUMINACIÓN, VIDEOCREACIÓN, DESEÑO DE VESTIARIO E ADEREZOS: Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro

MOVEMENTO ESCÉNICO E COREOGRAFÍA: Amparo Martínez

MÚSICA: Inés Salvado Gontad e Cibrán Seixo

CARACTERIZACIÓN: Carmen Casal

CONFECCIÓN DE VESTIARIO: Raquel Crespo

ESTREA: 6 de marzo de 2025 ás 18:00

FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO: do 7 de marzo ao 20 de abril de 2025 (de mércores a domingo ás 18:00)

SINOPSE:

Cando o lobo comía verzas e as vacas miañaban había casas nas que soñaban as crianzas con mesas que, só con mandarllo, se cubrían de manxares; ou burras que levantaban o rabo e cagaban ouro a moreas se sabías o que había que dicirlles nas orellotas: Briclebrit!! Éticapeleticapeluda!
Mentres tanto na mesma mesa da cociña, e a uns céntimos a peza, as súas nais cosían petos e botóns, bordaban moedeiros para fóra ou ensamblaban xoguetes. E contaban por milésima vez aquilo de cando as ras tiñan pelo e as galiñas barbas houbo un xastre con tres fillos e unha única cabra...
As obreiras, nais das futuras obreiras, tenden o pan con chocolate e énchense de dicirlles hai que traballar para vivir e tamén isto era un rei que tiña tres princesas, pechounas en tres artesas e botounas ao mar. Vólvocho contar?

Pero que sucede cando o traballo invade a mesa da cociña e a vida doméstica coma un gramón de raíz ávida e a mesiña dos manxares rompe e a burra escapa axitando as orellotas e hai que andar atraéndoa con astucias e cenorias? Outro conto terá que comezar...

Pois este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns.

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela