Desde10,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde o 28 Maio 2025
Ata o 30 Maio 2025
O carteiro de Ximaraos é unha peza teatral de pequeño formato para a infancia profundamente conmovedora, baseada na obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática 2024.
A historia mestura maxistralmente realidade e fantasía para abordar dúas temáticas de gran relevancia: o impacto emocional do alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal como fío conductor das relacións humanas. A obra céntrase na relación entre un avó, antigo carteiro da vila de Ximaraos, e o seu neto, que descobre na saca do avó un tesouro de cartas esquecidas.
A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias, as memorias compartidas e os pequenos rituais familiares poden enfrontarse ao esquecemento.
O proxecto ten a súa estrea prevista para o primeiro semestre de
2025
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela