Desde6,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde o 23 Xaneiro 2026
Ata o 15 Febreiro 2026
Unha proposta teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas
TEXTO TEATRAL E DIRECCIÓN ESCÉNICA: Cándido Pazó
ESCENOGRAFÍA E ATTREZZO: Pablo Giráldez “O Pastor”
VESTIARIO: Martina Cambeiro
MÚSICA: Xosé Lois Romero
ILUMINACIÓN: Afonso Castro
AXUDANTÍA DE DIRECCIÓN: Belén Pichel
REPARTO: Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay, Ana Santos
Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Neste espectáculo, seguimos a súa voz sincera e sensible mentres narra a vida cotiá nunha aldea galega dos anos corenta: a escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito.
A historia desenvólvese a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades. O espectáculo dálles vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión da expresión, e a tristura de sentirse diferente nun mundo que non admite preguntas; pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, e as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, ofrece a vida.
Nesta nova versión teatral do clásico de Neira Vilas, a memoria persoal do neno labrego preséntase como unha memoria colectiva, a desa Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, nun espectáculo que pon en primeiro termo a emoción, pero tamén o humor e a relación directa e amena co público.
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela