Menú
BERENGUELA NA GAIOLA de Galeatro + Xarope Tulú + CDG + Fundación Manuel María + Fiot Carballo

BERENGUELA NA GAIOLA de Galeatro + Xarope Tulú + CDG + Fundación Manuel María + Fiot Carballo

Desde6,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 05 Decembro 2025

Ata o 07 Decembro 2025

Ficha Artística

Intérpretes: Alba Bermúdez, Atenea García, Tone Martínez

Espazo escénico: Nicolás Zamorano

Espazo sonoro: Xabi Bertolo

Deseño Iluminación: Nacho Martín

Caracterización: Lorena Calvo

Deseño gráfico, foto e vídeo: Sol Álvarez

Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María

Dirección: Paula Carballeira


“Todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno” (Manuel María)

Nunha residencia da Terceira Idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris.

Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Así comeza a representación da peza: “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar. Irán entrando e saíndo das escenas, debatendo, interrompendo o desenvolvemento da peza, xogando coma nese pasado que crían esquecido porque aconteceu moitos, moitos anos atrás, na ilusión da nenez.

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela