Menú
HAMLET

HAMLET

Desde10,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 20 Marzo 2026

Ata o 03 Maio 2026

Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.

Ficha artística

Texto original: William Shakespeare

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección: Tito Asorey

Elenco:

Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta.

Escenografía Carlos Alonso. Iluminación Laura Iturralde. Vestiario Saturna. Música Xavier Bértolo. Maquillaxe e caracterización Lorena Calvo. Coreografía Rut Balbís. Loita escénica Xosé Piñeiro. Asistencia de texto Melania Cruz. Asesoramento lingüístico Rosa Moledo. Axudante de dirección Sara Rey

AVISO DE SEGURIDADE: Esta produción contén efectos de iluminación intermitente/estroboscópica e sons de alto impacto. 

COMPROMISO COA ACCESIBILIDADE: 
Todas as representacións contarán con interpretación en linguaxe de signos, audiodescrición, programa de lectura fácil e acceso para persoas con mobilidade reducida. 
As butacas para PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA serán adquiridas na billeteira do Salón Teatro os días de función dende as 16:00 ata a hora do inicio da función (18:00) presencial ou telefónicamente (881 867 223). Tamén poden reservarse no enderezo electrónico centro.dramá[email protected]
Os dispositivos de audiodescrición serán solicitados ao persoal de sala. 

FUNCIÓNS DESCONTRAÍDAS - MÉRCORES ÁS 18H: 
Como parte das medidas de accesibilidade adoptadas polo Centro Dramático Galego, os mércores ás 18:00 haberá sesións descontraídas coas que se pretende crear un ambiente acolledor para aquelas persoas con necesidades especiais ou diversidade cognitiva e/ou sensorial. 

Ademais das medidas de accesibilidade comúns a todas as representacións, nestas sesións descontraídas redúcense as restricións propias dos protocolos de asistencia a espectáculos teatrais: non hai escuridade total no patio de butacas e permítese a entrada e saída da sala, tendo, ademais, unha maior tolerancia a sons e movementos no patio de butacas por parte dos equipos que traballan na escena.

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela