Menú
Escenas do Cambio, Hugo Torres, “Black Box. Unha saga épica”

Escenas do Cambio, Hugo Torres, “Black Box. Unha saga épica”

Desde9,72 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

10 Maio 2026 20:30

BLACK BOX. UNHA SAGA ÉPICA

Hugo Torres 

Domingo 10 de maio ás 20.30 H

Salón Teatro. Santiago de Compostela

Estrea absoluta

Que teñen en común un mariñeiro da armada de Vasco da Gama, o dono dunha hospedaría do século XVIII, un pirata xusticeiro, un mestre de esgrima dun rei, unha mestra rebelde, un pintor que cruza o mar a remos, unha muller que escribe o dicionario dun país, ou un vendedor de coches que viviu máis rápido ca eles?

Todos forman parte da mesma familia: a de Hugo Torres.


Black Box é unha homenaxe ás persoas anónimas que deixan pegada no mundo sen figurar nos libros, unha viaxe escénica pola memoria persoal e familiar que se converte nun relato épico sobre a identidade, a herdanza e o desexo de construír un futuro mellor.

Un espazo onde a palabra e o corpo convidan a escoitar e imaxinar, ralentizando o tempo e abrindo un territorio para a emoción e a memoria colectiva.

 

Ficha técnico-artística

Dirección e interpretación: Hugo Torres

Texto e dramaturxia: Hugo Torres, Gabriel Calderón

Espazo e vestiario: Marta Pazos

Iluminación: Iván Casal

Deseño de son e música orixinal: Hugo Torres

Coprodución: Centro Dramático Galego, Festival FITEI (Porto), Trigo Limpo Teatro ACERT (Portugal).

Descontos

Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:

·       Persoas xubiladas

·       Persoas desempregadas

·       Persoas en situación de discapacidade

·       Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

·    Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás

·       Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

·       Carné xove

·       Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela