Desde9,72 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
08 Maio 2026 19:30
ENTRECRUZAD@S
OPSIS, Juliana Reyes
Venres 8 de maio ás 19.30 H
Salón Teatro. Santiago de Compostela
Estrea en España
Nun mundo esteticamente ideal, onde o benestar é obriga e a positividade un mandato, aparece unha figura estraña, un forasteiro, unha fenda. Desa creba emerxen os corpos reais: imperfectos, híbridos, fermosos nos seus desaxustes. Corpos que non entran na norma, que non teñen patria, que non teñen xénero pechado, que cargan o peso dos prexuízos.
A través do movemento, o ritmo, a voz, o silencio e a respiración, cinco intérpretes constrúen unha partitura viva sobre o desarraigamento, a identidade, a exclusión e a posibilidade de comunidade. Non se trata de contar unha historia, senón de encarnar moitas. Cada corpo narra desde as súas cicatrices. Cada xesto convértese en fronteira ou refuxio. Cada acción, nun acto de resistencia poética.
Ficha técnico-artística
Dramaturxia e dirección: Juliana Reyes
Intérpretes: Andrea Carrión García, Fabián Augusto Gómez, Juanki Fernández, Perla del Rocío, Russo Nnandong
Coreografía: Juliana Reyes en colaboración cos intérpretes
Composición musical: Camilo Giraldo Ángel
Rap: Russo Nnandong
Deseño de iluminación: María Viñuela
Asistencia de dirección e produción: Johanna Cruz
Fotografía e vídeo: Beatrix Molnal
Distribución: Carlos M. Carbonell - CRÉMILO Proyectos Culturales y Distribución de Espectáculos
Produción: OPSIS Producciones SL
Descontos
Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:
· Persoas xubiladas
· Persoas desempregadas
· Persoas en situación de discapacidade
· Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
· Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
· Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
· Carné xove
· Integrantes do Club Gaiás
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela