Desde6,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde o 05 Xuño 2026
Ata o 07 Xuño 2026
DRAMATURXIA: Santiago Cortegoso
DIRECCIÓN: Guillermo Carbajo e Alex Sampayo
ELENCO: Sheyla Fariña e Miguel Borines
ESCENOGRAFÍA: Jose Perozo
VESTIARIO: María Illobre
ESPAZO SONORO: Davide González
ESPAZO LUMÍNICO: Carlos Álvarez-Ossorio
Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado.
A furia da amanita trata temas universais, contemporáneos e de actualidade como son a guerra e a nosa resposabilidade individual e colectiva con respecto a ela; as relacións parterno-filiais; os conflitos interxeracionais; os traumas da infancia; ou a nosa relación coa morte e a súa aceptación. Trátase dun fabuloso texto cheo de metáforas sobre a nosa relación co medio e a destrución que provoca o ser humano.
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela