Desde6,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
27 Xuño 2026 18:00
Idioma: Galego
Miserábeis é un proxecto sen precedentes a partir da obra de Víctor Hugo, artellado en torno a unha fonda reflexión sobre a importancia dunha aprendizaxe cooperativa, competencial, dende unha óptica feminista e en lingua galega. Sobre as táboas reunímonos grande parte da comunidade educativa do IES Illa de Ons de Bueu, mais de 70 persoas entre profesorado, alumnado, persoal non docente e familias.
A nosa versión de Miserábeis incorpora elementos da idiosincrasia galega achegando á nosa realidade esta historia atemporal e comprométese con temas da mais absoluta actualidade como a revolución dos pobos, a loita pola liberdade; a diverxencia que hai ás veces entre a lei e a justiza e o fracaso que supón para a Humanidade que morra un só neno, unha soa nena en calquera dos múltiples conflitos que nos asolan.
Dende o ano 2019 Miserábeis recibe diversos recoñecementos como o Primeiro Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e o Primeiro Premio en Educación en Valores dentro dos Premios Provinciais á Xuventude que outorga a Deputación de Pontevedra, ademáis de ter participado en diferentes eventos teatrais como Ponteatro 2025.
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela