Menú
A SERIE CLOPEN

A SERIE CLOPEN

Desde6,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 11 Setembro 2026

Ata o 20 Setembro 2026

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Pablo Reboleiro

Dramaturxia: Clara Gayo e Pablo Reboleiro

Elenco

Marián Bañobre

Luz García

Johanna Hesse

Raquel Oitavén

Natalia Pajarito

Inés Santos

Guillermo Solo


Equipo artístico

Iluminación e videoescena Laura Iturralde

Escenografía José Faro e Laura Iturralde

Caracterización e maquillaxe Erea Pérez e Paula Quintas

Vestiario Carlos Alonso

Asistencia de vestiario Neme Vázquez

Deseño de movemento e coreografía Marta Alonso Tejada

Asistencia de dirección e espazo sonoro: Marcos PTT

Asistencia de circo José Expósito

Música orixinal Xosé Lois Romero

Asistencia de produción Santi Romay


Sinopse

Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora. A serie clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e investiga o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as matemáticas.

Pero todo o que descobre, xera máis preguntas...

Poderán as “mates” explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?

Poderá a nosa mocidade superar os retos que se lle impoñen á súa xeración?

E, sobre todo, poderá o circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela