Menú
A GAIVOTA. ENSAIO ABERTO

A GAIVOTA. ENSAIO ABERTO

Desde6,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

Desde o 01 Outubro 2026

Ata o 04 Outubro 2026

Que acontece cando, a apenas un día da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas?

A peza parte desta situación límite para construír un dispositivo profundamente teatral: un ensaio aberto que se transforma en espectáculo, onde fragmentos da obra de Chejov se entrelazan con experiencias persoais. A realidade e a ficción acaban por confundirse diante do público.

Nina, unha moza noviña que soña con ser actriz, e Arkádina, diva do teatro da época. Axúdaas outra actriz, a que fai da que Chejov colocou no dramatis personae como “Moza”. As tres actrices comparten o clásico de finais do século XIX e debullan os seus paralelismos co presente e cos temas universais: a dimensión das actrices dentro do teatro e das mulleres dentro da sociedade, o ocaso dunha época histórica e o xurdimento dun mundo novo e descoñecido, o amor, a creación... Chejov en estado puro.

Elenco: Déborah Vukusic, Mercedes Castro e Uxía Suevos

Texto orixinal: Antón Chejov

Dirección e dramaturxia: Santiago Cortegoso e Neto Portela

Vestiario: Saturna

Movemento: Rosy Timas

Espazo sonoro e composición musical: Jeff Hesney e Xosé Lois Romero

Espazo escénico e iluminación: Centro Dramático Galego

Técnica: Amelia Poyato

Asistencia de produción: Santi Romay

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela