Menú
LESS DRAGQUEENS AND MORE CHUNORRIS!

LESS DRAGQUEENS AND MORE CHUNORRIS!

Desde10,00 €

Salón Teatro | Santiago de Compostela

16 Outubro 2026 18:00

ALÓproducións en coprodución co Centro Dramático Galego 

Coa colaboración de Reizentolo, TeatroPermanente, Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo

SINOPSE:

Esta é unha comedia que ispe o home. Pero que ninguén bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar. Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco “macherío”, vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á “machosfera” desde a retranca. Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.

FICHA ARTÍSTICA:

Elenco: Alberte Bello Dani Blanco

Texto, dramaturxia e direcciónAfonso Becerra de Becerreá

Dirección de movemento: Estefanía Gómez

Espazo escénico: Alberte Bello

Asistente de espazo escénico: Noa Iriarte

Espazo sonoro: ALÓproducións

Iluminación: Alberte Bello e Noa Iriarte

Vestiario e caracterización: Alberte Bello

Asistente de vestiario: Sergio B. Carpintero

Imaxe gráfica e multimedia: Diego Seixo

Produción: ALÓproducións/Alberte Bello 

Como

chegar

Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela

15705 Santiago de Compostela