Desde10,00 €
Auditorio de Cangas | Cangas
30 Xuño 2024 22:00
80 minutos
Compañía:GRUPO CHÉVERE
Procedencia: Galicia
Dirección: Xron
Autoría: Chévere
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2024
Duración: 80'
A COMPAÑÍA
Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 30 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.
Chévere conserva un núcleo artístico estable (Miguel de Lira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo) e mantén unha ampla rede de colaboracións con decenas de profesionais de distintas procedencias xeográficas, xeracionais e creativas.
SINOPSE
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que sabemos, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.
FICHA ARTÍSTICA
En escena: Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez de Vallejo, Ángela Ibáñez
Dramaturxia e dirección: Xron Comunicación: Xana García
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
Iluminación: Fidel Vázquez
Produción executiva: Patricia de Lorenzo
Axudantía de dirección: Borja Fernández
Gráfica: Tristán Ron
Espazo audiovisual: Lucía Estévez
Espazo escénico: Nononon.lab
Distribución: Cremilo / Carlos M. Carbonell
Vestiario: Uxía Vaello
Idea orixinal: Chusa Pérez de Vallejo
Creación: Chévere
Asesoramento e apoio en inclusión: Chusa Pérez de Vallejo
Produción, administración: Inés Portela
Asesoramento en lingua de signos: Ramón Costoya Lens
Adaptación a LSE: Ángela Ibáñez, Chusa Pérez de Vallejo
Programador subtítulos: Iñaki Ruiz
Prints: Antía Martín
Audiodescrición: Nieves García, Susana Longueira
Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia.
Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika.
Agradacementos: Julia Fernández-Nieto, Vida Bajo Fernández, Irene Iñiguez, Cloti Vaello, Tomás Rábanos, Sara Crespo, José Portela, Elena, Sergio e Ainhoa, Magdalena Pérez de Vallejo, Jorge Bandín Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego.
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas