Menú
MOSTRA DE TEATRO DE CANGAS 2024 - PERHAPS, PERHAPS…  QUIZÁS

MOSTRA DE TEATRO DE CANGAS 2024 - PERHAPS, PERHAPS… QUIZÁS

Desde10,00 €

Auditorio de Cangas | Cangas

07 Xullo 2024 21:00

60 minutos

Compañía: Chula The Clown
Procedencia: México
Dirección: mazatlan 5 condesa
Autoría: Gabriela Muñoz
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea en Galicia
Presentación: 2024
Duración: 60'


A COMPAÑÍA

Gabriela Muñoz ten experiencia en teatro, circo e ópera. Inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.
Foi galardoada co Premio á Mellor Actuación e Mellor Espectáculo no Festival Fringe de Nueva Zelanda. Recibíu a medalla ao Mérito Internacional por Promoción Cultural por parte do Congreso da CDMX.
Nominada aos Premios Ciudad de México na categoría Actividade Escénica.
Colaborou con artistas como a directora de orquestra, Alondra de la Parra, a compositora, cantante e actriz, Natalia Lafourcade e o fotógrafo, Joel Peter Witkin.


SINOPSE

"Perhaps, Perhaps... Quizás", é un espectáculo de clown que xoga coa idea da espera, da ilusión por atopar ao home “perfecto” e da soidade a que isto nos leva cando un mesmo é tan imperfecto.
Nunha época na que a presión do tempo e a falta de esperanza nun mesmo son tan inminentes, a nosa protagonista, Greta, ensaia unha vez á semana o gran día, o día da voda. ¿Terá sorte esta noite? Quizais, quizais, quizais...


FICHA ARTÍSTICA

- Creado, dirixido e interpretado por Gabriela Muñoz
- Deseño de vestiario: Valentina Muñoz
- Deseño de arte e escenografía: Gabriela Muñoz e Valentina Muñoz
- Música Orixinal: Ernesto Paredano
- Director técnico: Sampo Kurppa
- Fotografía: Gemma Tweedie
- Booking: Aurora Nova Berlín


DESTAQUES
- Mellor show, Nueva Zelanda Fringe Festival 2016.
- Mellor actriz , Nueva Zelanda Fringe Festival 2016.

Como

chegar

Av. de Lugo, 27A, Cangas

36940 Cangas