Desde10,00 €
Auditorio de Cangas | Cangas
25 Xuño 2026 22:00
80 minutos
Compañía: Colectivo 84. Coproducido por CDG.
Orixe: Portugal.
Público: Adulto.
Estrea: 2026.
Ensaio Técnico é unha creación de Mickaël de Oliveira e Colectivo 84, que se presenta como unha reflexión crítica sobre o traballo artístico, os seus límites éticos e a complexa relación entre a ficción e o documental. A peza xorde da observación dun grupo de novos actores que, tras unha experiencia que lles cambiará a vida nun curso internacional de interpretación, deciden fundar unha organización independente dedicada ao concepto de "actuación continua e aberta". Este xesto, ao mesmo tempo artístico e vital, leva o grupo a tres anos de recompilación, investigación e ritualización do seu traballo creativo. Ao seu regreso á esfera pública, presentan a súa versión -sempre parcial e subxectiva- do que experimentaron. A creación orixinal, desenvolvida con Teatro Taller, articula vídeo, performance, testemuño e ficción, propoñendo unha perspectiva crítica sobre a precariedade no sector cultural, a romantización da dedicación artística e as tensións entre ética, estética e comunidade. Esta dimensión híbrida, que cruza as linguaxes do teatro e do cine, constitúe un dos eixos centrais do proxecto. En 2026, Ensaio Técnico entra nunha nova fase internacional, en coprodución co Centro Dramático Galego e en colaboración coa ESAD de Galicia, implicando ao alumnado nun proceso creativo profesional.
Texto, posta en escena e produción: Mickaël de Oliveira.
Actuación: Gael Genarelo, Alba Silva, Alba María Lopez, e Patrícia Merino.
Asistencia á dirección de escena: Beatriz Wellenkamp Carretas e Noa López.
Tradución e adaptación: Alzan Miranda Magallanes.
Deseño, operación de vídeo e produción: Fábio Coello.
Dirección técnica e explotación: João Monteiro.
Dirección de produción: Héloïse Rego.
Mediación e comunicación: Maria João de Vasconcelos.
Espazo escénico e caracterización: ESAD.
Produción orixinal: Teatro Taller e Colectivo 84.
Dirección económica e de proxectos: Emília Moreira.
Coprodución: Centro Dramático Galego.
Agradecementos: Mariana Carballal, Dani Salgado, Melania Cruz.
Colaboracións: Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD), Amazing Rabbit
Apoyo: República Portuguesa – Cultura, Xuventude e Deportes / Direção-Geral das Artes
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas